CONMEMORAMOS O 8 DE MARZO

Para conmemorar esta data, partimos da lectura do conto «MAX E OS SUPERHEROES»

Tratábase de que os nenos e as nenas tomaran conciencia de que ás veces non é preciso buscar moi lonxe para atopar superheroes, cando A MELLOR SUPERHEROÍNA, capaz de levar cabo todo tipo de tarefas, é a que lles da o bico de boas noites.

E aquí tedes o resultado da creatividade dos nosos esquíos.

ARTISTAS NAS NOSAS AULAS!

Este curso, por primeira vez, aceptamos a invitación do veciño concello de Vedra para participar no CONCURSO DE PINTURA INFANTIL DA CAMELIA. Temos que darlles os nosos parabéns a tódolos nenos e nenas polo entusiasmo que puxeron na realización dos traballos, realmente había moitos deles merecentes de ser destacados, pero esta vez o xurado decidiu entregarlle o 1º premio da súa categoría á nosa compañeira NOA FERNÁNDEZ PRADO.

Parabéns!!!!!!, Noa. Fantástico traballo!!!!

Volvemos con Rosalía

Por fin aquí estamos de novo!!!. Despois de un longo paréntese debido a estes tempos convulsos que nos tocou vivir, volvemos a abrir esta ventá para amosarvos un pouquiño da vida na escola. E non se nos ocorre mellor xeito de facelo que compartindo esta serie de actividades que fixemos en colaboración cos compañeiros e compañeiras do colexio na semana na que conmemoramos o nacemento da nosa Rosalía. Agardamos que vos guste.

https://youtu.be/q__0hvDulL4

As Letras Galegas soan ben!!!

É tan lindo escoitar aos Esquíos ler en galego, que non se me ocorre mellor homenaxe a María Victoria Moreno, nin mellor xeito de conmemorar o día das Letras Galegas que deixarse acariñar pola dozura das súas voces.

Oxalá que sexamos quén de contaxiar unha migalliña do amor e o respeto pola lingua galega que se respira na nosa aula. Feliz día!

clicade no enlace para ver

https://drive.google.com/open?id=1p2i_W6ufqREBrN2VT7XITI7vA9gqAhj2

 

Dinosaurios e intelixencias múltiples

ÉComo vimos repetindo nas últimas entradas, o obxectivo de traballar un proxecto na aula , sexa o que sexa, no é que os nenos e nenas memoricen unha serie de feitos e conceptos sobre o tema elixido, senón contribuir ao desenvolvemento das competencias clave, en definitiva, das distintas intelixencias a través dunha temática xurdida dos intereses dos cativos.

Nas últimas semanas traballouse…

A competencia matemática e dixital. (entre outras)

Un día descubrimos que o dinosaurio elixido por Aylin era moi pequeno con respecto aos dos seus compañeiros , pesaba arredor dos 20 quilos!!!!!! e xurdíu a pregunta de si pesaría máis ou menos ca eles/elas. Non quixemos quedarnos coas dúbidas. Collemos unha pesa e… A COMPARAR PESOS!

¿Quen pesaba máis ou menos que un velociraptor?

dav

Pesáronse todos e anotaron os resultados no seu caderno. Logo ordeáronse os pesos de maior a menor e viceversa.

A profe tamén tivo que pesarse. Para os esquíos foi moi divertido descubrir que pesaba máis ca tres velociraptor. Para a profe foi ilusionante escoitalos facer contas con tanto entusiasmo.

Fixéronse outras clasificacións:

Segundo o tipo de alimentación…

dav

 

Nunha sinxela «liña de tempo» tamén clasificaron os seus dinosaurios favoritos segundo o período ao que pertencían.

dav

E mesmo inventaron  e posteriormente resolveron divertidos problemas matemáticos relacionados cos dinosaurios.

Problemas de ovos de dinosaurios, manadas de tiranosaurios… eu qué sei! 

(clicade nos enlaces para ver)

 

https://drive.google.com/file/d/1if6_uxCYsRTONI1AyEv9nOo14SHJMO8S/view?usp=sharing

 

https://drive.google.com/file/d/1fMPOgo3BlrCj0kEBRir8z0XrIytZRYtW/view?usp=sharing

 

https://drive.google.com/file/d/1Xe6tSJdhltKsfn3yfsHYCtuRh-I_chZB/view?usp=sharing

 

https://drive.google.com/file/d/1UC63iOJMCd3q5FVzSkVbGlD0q0ZSbXDi/view?usp=sharing

Outra actividade que lles gusta moito e recoller o que van aprendendo sobre os seus dinosaurios favorito nun sinxelo mapa conceptual.  É moi sorprendente ver con qué soltura manexan as ferramentas dixitais. Aquí vos deixo algúns exemplos do seu traballo.

IMG-4502

Cando digo que con estas actividades desenvolven algunhas capacidades entre outras refírome a que no momento que os nenos e as nenas cooperan entre sí para levalas a cabo interveñen tamén, por exemplo,  as competencias sociais (intelixencia interpersoal).

Competencia para aprender a aprender (entre outras)

Aquí vos presentamos as primeiras páxinas do noso libro cooperativo sobre os nosos dinosaurios favoritos. O libro seguro que nos quedará chulo, pero o importante é o traballo de búsqueda e tratamento da información que hai detrás. Os esquíos axúdanse entre eles para investigar nos libros da nosa biblioteca e en internet, case sempre precisan algo de axuda da profe, pero cada vez son máis autónomos/as.

 

 

Como vedes os dinosaurios están axudando moito a estes Esquíos a desenvolver capacidades. Seguiremos no Xurásico mentres non decaia o interese.

 

 

 

 

 

Os dinosaurios e os Esquíos

Non me quedou outra. Levaban tanto tempo estes esquíos con que querían facer un proxecto sobre dinosaurios que sería un erro non facerlles caso. Isto é a APRENDIZAXE SIGNIFICATIVA: partir dos intereses dos nosos cativos para acadar os obxectivos que nos propoñemos na escola.

Abofé que de dinosaurios sabían moito máis que a profe, así que a idea era que a través dos dinosaurios desenvolveran as competencias ou capacidades que se traballan na etapa de EDUCACIÓN PRIMARIA.

Esta semana fixemos fincapé en dúas (aínda que de un ou outro xeito se traballaron outras) : A competencia para aprender a aprender e a competencia matemática.

Para satisfacer a súa curiosidade (que é moita) propúxenlles investigar cada un sobre o seu dinosaurio favorito e elaborar un libro cooperativo como resultado de todo o traballo de investigación e rexistro da información.

A idea gustoulles, así que puxémonos mans á obra:

Acudiron á biblioteca onde teñen o seu espazo do proxecto e buscaron sobre qué dinosaurio querían aprender máis.

dav

Estamparon con tampóns o seu nome

E buscaron unha imaxe para ilustrar o seu traballo.

dav

O seguinte paso era buscar información sobre o animal. E comezamos coas medidas.

IMG_20180221_092439.jpg

Para que os esquíos se puideran facer unha idea máis gráfica da lonxitude dun dinosaurio baixamos ao salón coas nosas «supercintasmétricas» e marcamos no chan a lonxitude dun «Giganotosaurio» (o elixido por Xián).

 

dav

 

IMG_20180219_122515.jpg

Despois de rexistrar a lonxitude no seu traballo, Xián atopouse con unha dificultade:

Na información que tiñamos sobre o giganotosaurio non aparecía a altura. Aparecía a lonxitude dende a cabeza á cadeira, a lonxitude do fémur e a da tibia e o peroné; pero non a altura. -«¡Chupado! » exclamaron algúns compañeiros.-«Hai que sumar todo»

Dito e feito. Primeiro volvemos a empregar as cintas para representar as diferentes partes no chan da clase.

Aínda que Inés, sempre moi práctica, dixo que podiamos sumar con unha calculadora

dav

Xaa, xa sabemos que no currículo de Primaria falan de facer estimacións de medida con palmos, pés ou pasos, pero como iso xa o faciamos en infantil agora mólanos moito medir coa «supercintamétrica»

dav

E despois representar con cintas de cores.

Démonos de conta de que o fémur dun giganotosaurio é moi longo e quixemos comparalo co de Xián.

davdav

Á vista está que están resolvendo problemas matemáticos, pero tamén  os inventan:

Cánto lle falta ao fémur de Xián para ser como do Giganotosaurio?. Poderiamos meter un Patagotitan mayorum no salón?

Eu vou aprendendo (non tanto como Alesandro ou Xian, aínda) sobre dinosaurios, pero teño claro o meu obxectivo: Que as ganas de aprender medren con eles e elas.

Eses Esquíos!

 

Aprendendo a aprender

Como di o título desta entrada seguimos aprendendo a aprender na clase dos Esquíos.

Esta semana descubrimos diferentes formas de coñecer o estado do tempo:

NOS XORNAIS

Este trimestre introducimos o xornal na nosa rutina diaria. Nesta ocasión traballamos con el a información meteorolóxica. Localizamos a nosa cidade e desciframos a información que nos proporcionan os símbolos no mapa do tempo:

  • Estado do día
  • Temperaturas máximas e mínimas
  • Forza do vento
  • Estado do mar ( tamaño das ondas)
  • Predicción para vindeiros días.

Collemos  o noso termómetro e comprobamos a variación de temperatura no exterior e no interior do cole. Formará parte da nosa estación meteorolóxica de aquí en adiante.

IMG_0010

EN INTERNET

Comprobamos que a simboloxía e similiar a do xornal e comentámola.

IMG_0009.JPG

E seguimos engadindo instrumentos á nosa estación meteorolóxica.

Esta semana buscamos cómo construir un anemómetro e puxémonos mans á obra.

Faltaba comprobar o seu funcionamento…

IMG_0017.JPG «Profe, profe, hoxe debe ser vento forza 0 porque o anemómetro non se move.» jijiji. Axudándolle un pouco comprobamos que funcionaba correctamente.

Agora toca rexistrar e analizar datos. Xa vos iremos contando.

Estación meteorolóxica

 

Como xa sabedes, a observación e sinxelos rexistros do tempo atmosférico vimos facéndoo desde infantil. Este curso imos darlle unha volta un chisco científica ao asunto. Crearemos a nosa propia estación meteorolóxica. Esta semana construimos o instrumento que nos permitirá rexistrar  a dirección do vento.

¿Como?

1º paso búsqueda de información

sdr

2º Anotamos os materiais necesarios para non esquecer nadiña.

3º Preparamos o material.

4º En cooperativo levamos a cabo a montaxe

dav

5º E para rematar había que comprobar o seu funcionamento.

dav

Eles mesmos descubriron que precisaban algo para nomear a dirección do vento. Alguén apuntou que precisabamos unha brúxula . Xa temos traballo para seguir engadindo melloras e máis instrumentos de medición á nosa estación meteorolóxica.

Seguiremos contando.